top of page

ATÓPATE

Fondo2.png

NOVAS

TURISMO AO DÍA

CARNOTA

UN LUGAR ONDE DESCUBRIR A VIDA

_DSC6199.JPG
Europa.png

O concello de Carnota ten un atractivo único; un patrimonio natural incalculable, unha gran riqueza arqueolóxica, paisaxística, cultural e gastronómica. É un lugar indispensable en calquera viaxe por Galicia.

 

Hai unha grande oferta de actividades para os visitantes, un montón de cousas que facer tanto se es un namorado da praia como da montaña; poderás planificar a túa viaxe segundo as túas preferencias, pero sempre che quedará algún lugar por descubrir, unha lenda por coñecer ou algunha experiencia para vivir.

LEER MÁIS

Playa Carnota_edited.jpg

OLIMPO CELTA

Este descomunal coloso de pedra, que se alza desde o mar, alcanza os 627 m de altura e está catalogado como Punto de Interese Xeolóxico de Importancia Nacional.  A insólita beleza da súa paisaxe de rochas espidas mergúllanos nun soño imposible de figuras que semellan xigantes, guerreiros, demos, tartarugas, leóns e seres imaxinarios.

 

O monte Pindo é ademais unha xoia natural pola súa biodiversidade, que alberga especies de alto valor ecolóxico.

MontePindo

Os restos arqueolóxicos sitúan aquí grandes murallas defensivas e o castelo de San Xurxo. 

LEER MÁIS

7 KM DE AREA

Playa.png

naturais de augas cristalinas, A Boca do Río, un lugar moi coñecido e apreciado polos bañistas, onde ademais poderás desfrutar dun enclave privilexiado para a observación de aves acuáticas, mariñas e terrestres. 

LEER MÁIS

A praia de Carnota é un deses lugares que te deixan sen alento; un areal de 7 km de longo en forma de media lúa perfecta e flanqueado por un conxunto de dunas e marismas cunha lagoa interior; como telón de fondo o monte Pindo míranos desde as alturas da súa áspera beleza. 

No centro da praia, o estuario do río Vadebois configura unha impresionante paisaxe de enormes pedras e pozas

HÓRREOS XXL

Maiz.png
HorreoCarnota.png

O hórreo de Carnota é un dos máis emblemáticos e coñecidos de toda Galicia, un símbolo distintivo do concello carnotán e un elemento de obrigada visita no noso percorrido pola Costa da Morte. Esta xoia do patrimonio galego foi construída en 1768.

O hórreo de estilo barroco, repousa sobre 22 pares de pés e forma parte dun conxunto arquitectónico de gran beleza composto pola igrexa, a casa reitoral e o pombal. Este xigante de 34 m de lonxitude está catalogado como “Monumento Nacional”. 

LEER MÁIS

DESCUBRE +

Natureza, patrimonio, lendas. Recunchos cheos de vida e historia; percorre a Carnota máis máxica. 

_DSC6528 PEQ.jpg

MUSEO
ARQUEOLÓXICO
ABERTO

Unha apaixonante viaxe  ao pasado, un percorrido ao longo de 10 km que transita entre bosques e espazos naturais con panorámicas privilexiadas. Neste museo ao aire libre poderás coñecer os xacementos arqueolóxicos máis importantes do territorio. Descubrirás petróglifos da Idade de Bronce, datados entre o III e o II milenio a. de C., con representacións de círculos concéntricos, zoomorfos, armas, cruces ou embarcacións.

Os petróglifos que conforman o museo son: A Laxe Escrita, As Laxiñas, O Afilladuiro, Prousos Magos e Rego Lamoso. 

LEER MÁIS

Mural de protocubelo 2_edited.png

Carnota estreou no 2021 o mural “DugiumArt” no peirao de Portocubelo (Lira) froito dun proxecto do Concello de Carnota enmarcado dentro do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Trátase dun mural que abarca arredor de 50 metros de peirao e que foi realizado polo artista carnotán Nando Lestón.

 

Nel están representados Santiago Apóstolo e a raíña Lupa divisando dende o seu castelo a praia de Carnota ademais dunhas vidreiras de cores que representan as distintas estacións do ano.

LEER MÁIS

Fondo1.png
bottom of page